Hai políticas culturais en Galicia?

conferencias e charlas, info Comments (3)

Compostela, 7 de novembro de 2018

Retomamos a actividade despois do verán cunha interesante proposta de debate en torno ás políticas culturais, partindo da base de que, como cidadáns,  temos dereito á cultura  e a unhas políticas culturais xustas, que, desde o punto de vista profesional, deberan ser consensuadas e acordes ás potencialidades do noso sector.

Para falar de todo isto celebraremos o vindeiro martes 13 de novembro na Cidade da Cultura (16h, no Centro de Innovación Cultural-CINC, con entrada libre“Xornada sobre políticas culturais en Galicia: un debate necesario”. Unha gran conversa na que participarán representantes políticos das formacións con presenza no Parlamento galego, colectivos culturais  e profesionais do sector.

A esta iniciativa chégase despois dun ano valorizando o traballo do sector cultural galego, mediante o recoñecemento das boas prácticas que nel se están a desenvolver, e co obxectivo de debatir sobre se hai ou non hai políticas culturais en Galicia e, en todo caso, falar sobre as que son e as que deberan ser.

 

Programa da xornada

O programa da xornada, que se desenvolve en colaboración coa Deputación da Coruña,  transcorrerá do seguinte xeito:

16.00h. Apertura da xornada.
Fatima Teixeiro (pertencente á directiva da AGPXC), Xavier Campos
(ex presidente da AGPXC) e Goretti Sanmartin (vicepresidenta da
Deputación da Coruña)

16.15h. Presentación do documento que a AGPXC elaborou
como aportación d*s profesionais da xestión á “Estratexia
Cultura” da Xunta de Galicia 2018 e que tedes  AQUÍ ao voso dispor .
Coa participación de Iván Arias, Clara Cordeiro e Emi Candal.
(Profesionais do sector cultural vinculados á AGPXC)

16.30h. Contexto: charla a dúas bandas de Marcos Lorenzo
e Jorge Linheira sobre as políticas culturais en Galicia
desde a Transición. Presentado por Agar Ledo (AGPXC)

17.45h. Mesa profesional: debate con asociacións
profesionais como Escena Galega (Eduardo Alonso),
Músicas ao Vivo (Sonia Lebedynski), Asociación de
Escritor*s en Lingua Galega (Mercedes Queixás) e Clúster
Audiovisual de Galicia (Jorge Albora) sobre as políticas
culturais que necesitamos como sector.
Moderada por Carlos Lorenzo (AGPXC)

19.00h. Mesa política: debate con representantes do PP (César Fernández Gil), PSdeG (Concepción Burgo López), BNG (Olalla Rodil) e En Marea
(Ánxeles Cuña) sobre as propostas dos
partidos en canto a políticas culturais.
Moderada por Alberto García (AGPXC)

 

Agardamos que esta xornada de posta en común e debate sexa do voso interese. Tedes tamén información no noso Facebook, onde tamén podedes seguir toda a actividade da asociación e estar ao tanto das vindeiras citas deste outono.

Pin It

» conferencias e charlas, info » Hai políticas culturais en Galicia?
On 07/11/2018
By

3 Responses to Hai políticas culturais en Galicia?

  1. CF di:

    Sí, hay políticas: destruir lo que nuestros mayores nos legaron, empezando por las vidas y las lenguas; y montar ferias, pastiches y chiringuitos.

  2. […] Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) organizou na Cidade da Cultura unha xornada sobre políticas culturais en Galicia, valoradas por diferentes profesionais da xestión cultural e tamén por representantes de todos os […]

  3. […] Gallega de Profesionales de la Gestión Cultural (AGPXC) organizó en la Ciudad de la Cultura una jornada sobre políticas culturales en Galicia, valoradas por diferentes profesionales de la gestión cultural y también por representantes de […]

« »