Dende a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC), estamos a traballar na creación dun banco de boas prácticas para a xestión cultural, coa finalidade de poñer a disposición de xestoras e xestores culturais, cargos públicos con responsabilidades en políticas culturais e artistas, entre outros perfís, todo un escaparate de proxectos e exemplos inspiradores para poder traballar máis e mellor no ámbito cultural.
Para iso, estamos a seleccionar 100 proxectos culturais en base a criterios de innovación (emprego de estratexias novas e creativas de solución a problemas comúns), efectividade nos seus resultados (nivel de éxito, ben nos resultados, ben nos procedementos para a solución dos problemas aos que vai dirixida) exemplaridade inspiradora (o seu efecto multiplicador e que poida servir como ferramenta de capacitación) e transferibilidade (que sexa aplicable a outros contextos)
Este banco de boas prácticas é un portal dixital que busca ser un escaparate de proxectos destacados e permitirá a difusión e visibilidade internacional de iniciativas culturais do panorama galego, así como a formación, mellora da empregabilidade e recoñecemento social do sector profesional da nosa cultura.
Contamos con que dito portal estea rematado e publicado no outono deste ano 2017. Atentxs!
« A AGPXC participa no CulturaLab da USC de Lugo Presentamos o Banco de Boas Prácticas na Xestión Cultural »