Máis planificación e máis fórmulas colectivas de traballo, concluíron no I Encontro de Profesionais da Xestión Cultural.

boas prácticas, conferencias e charlas, encontros, info, rede Comments (0)

Mércores, 28 de setembro do 2022

Máis de setenta persoas participaron na xornada do martes 27 no Pazo de Goiáns de Boiro ao redor de mesas de análise e obradoiros prácticos.

Tempo de facer historia recente, de analizar o presente e prever o futuro do sector.

O O I Encontro de Profesionais da Xestión Cultural de Galicia que se desenvolveu durante toda a xornada do martes 27 de setembro no Pazo de Goiáns en Boiro, reuniu a máis de setenta profesionais do sector pertencentes a dúas xeracións.

Produción, creación, programación, distribución, comunicación, técnica ou formación e investigación son algúns dos diferentes ámbitos representados nesta xuntanza de profesionais da xestión cultural que se marcou como obxectivo impulsar as redes de colaboración e celebrar o asociacionismo. Boas prácticas, sustentabilidade e contexto económico foron abordados na xornada en Boiro, que contou co apoio da Deputación da Coruña e a colaboración do Concello de Boiro.

 

Pin It

» boas prácticas, conferencias e charlas, encontros, info, rede » Máis planificación e máis fórmulas...
On 13/10/2022
By
, ,

Comments are closed.

« »