Foto Santi M. Amil (lavozdegalicia.com)

Encontro de Profesionais da Cultura de Galicia e Norte de Portugal en Ourense

encontros Comments (0)

Ourense, 6 de maio de 2014

 

A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural  trasladou á cidade das Burgas a súa xeira de encontros-debate para profesionais da Cultura. O encontro celebrouse o martes 6 de maio de 2014 de 16:30 a 20:30 no “Espacio Magma” (Rúa Bedoya, 27).

Con motivo da capitalidade cultural 2014 do Eixo Atlántico, contamos nesta ocasión coa colaboración do Concello de Ourense e abrimos tamén a participación a compañeiras e compañeiros do Norte de Portugal.

 

O punto de partida empregado nos debates organizados pola AGPXC é o documento “Pensamentos sobre: que facer coa cultura?“. Este documento naceu dun encontro similar celebrado no marco do Culturgal 2012, coa asistencia dun cento de profesionais, políticos, xornalistas e artistas de toda a Península. A xeira continuou na Coruña (maio 2013) e en Santiago de Compostela (febreiro 2014). Ducias de profesionais e políticos foron convidados para reflexionar sobre as conexións, problemáticas e posibles accións conxuntas no ámbito cultural.

A metodoloxía participativa aplicada nestes encontros son mesas de debate horizontais nas que se comparte o punto de vista e as situacións, problemáticas e liñas de traballo que cada colectivo ou entidade está a seguir dentro deste contexto. Búscase tamén que as persoas asistentes poidan coñecer novas visións dende sectores próximos pero cos que non sempre é doado atopar momentos para a reflexión conxunta. A asistencia requería convite previo, pero calquera profesional que desexase participar podía solicitar inscribirse por correo electrónico.

 

 Listado de persoas asistentes

 

  1. Claudia Alexandra Ferreira de Almeida / Cámara Municipal de Matosinhos
  2. Manuel Araujo Montero / Responsable da OMIX Ribadavia e Café Concerto Son
  3. Anxo Saborido / Coordinación da actividade (Concello)
  4. Martiño X. Vázquez Mato / Xeitura / Xestión Integral do Patrimonio Cultural
  5. David / Café Pop Torgal
  6. Laura Fernández Fernández / Departamento de Cultura do Concello de Tomiño
  7. Elisabet Pérez de Santiago / Técnica de cultura no concello de Tomiño
  8. Iñaki Novoa / Cineclube Padre Feijoo
  9. Mercedes Alonso Pereira / Responsable de programación e coordinación das actividades dos 12 centros socioculturais do Concello de A Coruña
  10. José Manuel Rodríguez López / Federación de Cineclubes
  11. Xoan Ignacio Fonseca Moretón / Liceo de Ourense
  12. Joel Alves Cerqueira Cleto / Técnico Matosinhos
  13. Manuel Freire / Auditorio Municipal
  14. Diego G. López / Departamento de Cultura do Concello de Ourense
  15. Manuel Precedo / Federación de Cineclubes de Galicia
  16. Deolinda Ricardo / Técnica de Cultura de Mirandela (PT)
  17. Uxío Novoneyra Rei / Caligrama
  18. Ignacio Basallo / Escultor
  19. Rebeca Babarro / Portal cultural www.vouaxenda.com
  20. Óscar Iglesias / CineClube Padre Feijoo
  21. Martiño Fortes / Magma Espacio
  22. Rosa González Iglesias / Traballadora no eido lecer de xente nova
  23. Antonio Piñeiro Feijoo / Técnico Cultura no Concello de Celanova
  24. Filemón Rivas Conde / Universidade de Vigo / Campus de Ourense
  25. Luis Martínez Risco / Fundación Vicente Risco
  26. Jose Freiría / Escena Sonora
  27. Sergio Lago / Coordinación da actividade (AGPXC)
  28. Ana Garrido / Concelleira de Cultura de Ourense

 

Documentos:

 

Galería de imaxes:

 

 

Pin It

» encontros » Encontro de Profesionais da Cultura...
On 24/04/2014
By

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

« »