A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural estará presente na próxima edición do AchegARTE que se celebra na Coruña os días 2 e de 3 de abril no recinto de PALEXCO da cidade da Coruña. A asociación organiza dúas mesas redondas no apartado de Encontros profesionais que terán lugar no edificio do Kiosko Alfonso.
Mesa redonda: O papel dos xestores culturais no sistema cultural Galego.
Presenta e modera: Alberto García (Vocal da Xunta directiva da AGPXC)
- Natalia Balseiro. Ex directora do Centro Coreográfico Galego e participa hoxe na AGPXC.
- Fuco Sanjiao. Profesor universitario da USC. Especialista en temas de economía da cultura.
- Iván García. Dinamizador sociocultural do Concello de Vedra.
Mesa redonda: Público e privado na xestión cultural en Galiza.
Presenta e modera: Olga Nogueira (Vocal da Xunta directiva da AGPXC)
- Vítor Belho. Xestor cultural do sector privado.
- Miguel Martín. Xefe de servizo da área de Cultura da Concellaría de Cultura da Coruña.
- Mon S. Alonso. Sala Nasa
« A Asociación renova a súa xunta directiva Desconto para asociados no I Encontro de Enxeñaría Cultural AP-9 »