As asociadas e asociados da AGPXC poderán inscribirse cun desconto especial do 20% en “Zinc Shower 2014“, un dos encontros profesionais de referencia para o sector cultural e creativo.
Ambiente lúdico, presentación de novos proxectos, formación, encontros profesionais… Zinc Shower é un espazo para coñecer as novas tendencias e as liñas máis innovadoras no sector cultural e creativo.
A cita será o vindeiro 23, 24 e 25 de maio de 2014 en Matadero Madrid e na súa web xa está dispoñible un avance do programa, as convocatorias abertas e toda a información para inscribirse, incluídos descontos en aloxamento e transporte.
As persoas interesadas deben solicitar antes de inscribirse a clave de desconto da AGPXC en info[arroba]xestoresculturais.gal
« Desconto para asociados da AGPXC en “Pública14 Encuentros Internacionales de Gestión Cultural” Chega a Compostela a xeira de debates sobre o documento “Pensamentos sobre: que facer coa cultura?” »