O 1º Encontro de Enxeñaría Cultural pretende amosar as últimas tendencias en xestión de proxectos culturais, financiamento, traballo en rede, intercambio de coñecemento de organizacións e-novativas. Presentanse oito casos prácticos, un workshop e unha visita guiada.
Celébrase en Expocoruña (A Coruña), ó 8 e 9 de abril de 2011. Existe un desconto do 15 % da matrícula para socios/as da AGPXC. A inscrición no inclúe a entrada a AP-9 Festival Sinsal gratuitamente.
Os obxectivos do encontro son:
- Determinar as claves do crowdfunding e a finanaciación en masa
- Descubrir novas formas de construír unha programación artística internacional.
- Determinar que características debemos aplicar para transformarnosnunha organización ou proxecto E-novativo.
- Analizar novos mecanismos de financiamento de proxectos
- Coñecer as canles para traballar en rede e as vantaxes que isto supón para unha programación cultural.
- Coñecer estratexias de mercadotecnia e comunicación 2.0 que xa están a dar resultados positivos.
- Aprender as claves do ticketing como unha ferramenta para personalizar a publicidade.
- Coñecer as claves do funcionamento dun proxecto autogestionado.
- Analizar como o contexto e a rede inflúen nas industrias culturais e os proxectos artísticos.
- Coñecer, da man dos seus ideólogos, os novos espazos culturais da cidade da Coruña.
« Encontro AGPXC en AchegARTE 2011 Desconto para socias e socios no Máster de Xestión Cultural de IPEEC »