As asociadas e asociados da AGPXC poderán inscribirse cun desconto especial en “Pública15 Encuentros Internacionales de Gestión Cultural”. A tarifa reducida é de 150€ fronte aos 250€ da tarifa xeral.
A cita será o vindeiro 29 e 30 de xaneiro de 2015 en Madrid e na súa web xa está dispoñible un avance do programa e toda a información para inscribirse, incluídos descontos en aloxamento e transporte.
As persoas interesadas deben solicitar antes de inscribirse a clave de desconto da AGPXC en info[arroba]xestoresculturais.gal
« Encontro de Profesionais da Cultura de Galicia e Norte de Portugal en Ourense A FEAGC organiza a II Conferencia Estatal da Cultura 2015 »