Desconto en “Herramientas para camaleones”

descontos e convites Comments (0)

MAC Gas Natural Fenosa acollerá na Coruña o programa formativo Herramientas para Camaleones, unha plataforma de Trànsit Projectes inspirada nos nove bloques conceptuais do ‘Business Model Canvas’ e que busca impulsar novos modelos de negocio en cultura.

As persoas asociadas á AGPXC poderán disfrutar de dúas bolsas cun desconto do 50% sobre o prezo de inscrición. Para poder acceder a este desconto debedes enviar a idea de proxecto sobre a que desexades traballar, xunto a algúns datos sobre a vosa formación e traxectoria, a camaleones@transit.es indicando que pertences á AGPXC.  En total son 9 sesións dende o 4 de abril ata o 6 de xuño, os venres e xeralmente de 16:30 a 19:30.

A sesión inaugural “construir organizaciones transmedia” será aberta ao público e estará impartida por Àngel Mestres (director de Trànsit Projectes). Celebrarase o venres 4 de abril ás 19:00.

O prazo de inscrición na edición da Coruña remata o mesmo día de inicio: 4 de abril

 

Pin It

» descontos e convites » Desconto en “Herramientas para camaleones”
On 28/03/2014
By
, ,

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

« »