Mesas de traballo en Culturgal 2012

Culturgal12 – Compartindo multiplicamos. Mesa de traballo para Axentes Culturais

encontros Comments (3)

Pontevedra, 30 de novembro de 2012

 

A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) impulsa a Mesa de Traballo para Axentes Culturais “Compartindo multiplicamos”, que se realiza no marco do Culturgal, a Feira das Industrias Culturais, un evento de periodicidade anual que este ano chega á súa quinta edición consolidándose como o fogar das industrias creativas en Galicia.

Nos últimos tempos o mundo está mudando, unha profunda crise económica, xunto cunha transformación radical dos valores e a incorporación das tecnoloxías da información e a comunicación á nosa vida cotiá, supoñen un novo reto en todos os ámbitos da vida, no ámbito privado e familiar, nas nosas relacións sociais e, como non, no eido profesional. O sector cultural non é alleo a esta realidade, todo o contrario, tal vez é un dos sectores que, en España e en Europa, estase vendo máis afectado por esta transformación.

Os axentes que desenvolvemos a nosa actividade profesional neste eido non podemos obviar que o contexto mudou e debemos, por responsabilidade persoal e colectiva, reflexionar xuntos sobre os novos contextos nos que temos que operar, sobre os recursos cos que podemos contar e sobre os modelos de gobernanza que podemos practicar para desenvolver os nosos proxectos.

O reto que nos propoñemos é discutir, xuntos, sobre tres temas que consideramos clave:

 

Lonxe de comprender estes tres temas como compartimentos estancos queremos debatir sobre as interseccións entre estas tres áreas de traballo, sobre como as decisións que tomamos ao redor de cada área de pensamento e acción repercute na outra, significando ás veces, outputs difíciles de predecir e complexos de resolver se non os pensamos previamente. Queremos falar con vós: convidados e asistentes das diferencias e pareceres entre os diferentes ÁMBITOS DO SECTOR CULTURAL e da relación que se establece con sectores como o POLÍTICO e o ECONÓMICO

 

Propoñemos unha análise dende diferentes puntos de vista. Os puntos de vista dos diferentes axentes que operamos no sector cultural:

 

Faremos unha análise TRANSVERSAL realizada a partir da mirada de persoas vinculadas a diferentes sectores, para obter deste xeito unha mirada poliédrica que nos permita analizar as formas de operar doutros ámbitos do sector cultural. A idea é practicar o trasvase de coñecementos, experiencias e informacións dun sector ao outro, cando sexa posible, viable e interesante . Buscando posibles vías de colaboración entre ámbitos de coñecemento do sector cultural e deste, coa economía e coas políticas culturais das organizacións políticas do noso territorio.

Queremos acurtar distancias entre o sector económico, o ámbito político e o propio sector cultural. Coñecernos, re-coñecernos e saber qué recursos podemos compartir e cales son as necesidades do outro. Todo isto pode axudarnos a trazar PONTES e PROXECTOS comúns.

 

2012 culturgal - Mesa de traballo para axentes culturais

 

Obxectivos propostos para esta Mesa de Traballo:

  • Re-coñecer a diferentes axentes do sector cultural e os seus proxectos dun xeito máis profundo.
  • Intercambiar experiencias, información e coñecemento sobre financiamento, internacionalización, programación ou produción artística e de produtos culturais.
  • Iniciar un punto de encontro informal e participativo entre os sectores económico, cultural e político e dotalo de continuidade.
A quen lle pode interesar?
  • A políticos para coñecer e escoitar ao sector cultural dun modo máis directo fora dos tempos electorais.
  • A persoas/proxectos vinculados a recursos económicos para a cultura para poder coñecer as súas necesidades e establecer acordos ademáis de dar a coñecer entre o sector cultural os seus productos e/ou servizos.
  • Aos profesionais do sector cultural para coñecer dun xeito máis profundo a persoas/proxectos/recursos doutros territorios, doutras áreas de coñecimento do sector cultural, políticos que deciden ou desenvolven oposición no ámbito da cultura e persoas e/ou proxectos que operan no ámbito económico e que poden ser recursos de interés para o noso sector.
Quen estará?

Entendemos que todas as visións son importantes, por iso, segundo avancen as inscricións a lista actualizarase na web de Culturgal, pero podemos destacar a presencia confirmada de:

Ramon Carmelo Coordinador de Coop57 Galicia Servizos Financeiros Eticos e Solidários (Pontevedra); Jordi Durán Director da Fira de Tárrega; Vítor Belho Produtor de Ideas e Xestor Cultural (Santiago de Compostela); Juanjo Corrales, Director do Festival Internacional de Títeres e Mimo Griego en Kilkis; Víctor Flores Director de Cultura de Red Bull España (Madrid); Elisabete Paiva Coordinadora do Servizo Educativo do Centro Cultural de Vilaflor (Portugal); Fernando Bernúes Director Artístico de Donosti2016; José Manuel Sande programador de CGAI (A Coruña); Cristina Salvador Directora de aPortada (Barcelona); Rui Cerveira Director do Teatro Extremo de Almada (Portugal); Colectivo Axoúxere (Rianxo); Margarida Troguet Directora do Teatro L`Excorxador (Lleida); Manuel del Río de DAG (Santiago de Compostela); Cristina Alonso Responsable do Centro de Creación Graner (Barcelona); Carmen Castro Técnico de Cultura e responsable do FIOT (Carballo), Xavier Campos de Sondanorte (Ribadeo); Inma López Silva Profesora da ESAD e Escritora, membro de Compromiso por Galicia (Vigo), ademais de representantes de Cultura do resto de partidos do espectro político galego que tamén están convidados.

Tamén estarán presentes representantes doutras asociacións de xestores culturais como Cristina Riera da APGCC de Cataluña, Iguazel Elhombre Presidenta de Procura (Aragón) e Rubén Caravaca Presidente de AGETEC (Madrid)

 

A METODOLOXÍA
  • 10 mesas cun máximo de 10 persoas cada mesa.
  • Cada mesa composta por 2 convidados, 1 conductor e un máximo de 7 inscritos.
  • Todos e todas debedes participar activamente: conductor, convidados e inscritos.
  • O conductor dará turnos de palabra, establecerá tempos e recollerá recursos para compartir nun documento final que se publicará na web de Culturgal e de AGPXC.
  • Os nosos DESEXOS son que todas as persoas inscritas participen activamente na Mesa de Traballo comentando os seus proxectos e experiencias, compartindo información e recursos e formulando preguntas ao resto de persoas inscritas e convidadas.

 

2012 culturgal - Mesa de traballo para axentes culturais

 

O PROGRAMA

  • 9:30 (na OFICINA DE INFORMACIÓN da Feira) Acreditacións
    Recoméndase chegar con suficiente antelación dada a metodoloxía aplicada.
  • 10:00 a 10:15 (no ESTUDIO)
    Presentación da Mesa de Traballo e da Metodoloxía
  • 10:15 a 12:00 (no ESTUDIO)
    Presentación de persoas asistentes e dos seus proxectos.
    Rolda de preguntas colectivas ao redor dos proxectos dos asistentes.
  • 12:00-12:30 – PAUSA
  • 12:30 a 14:30 (no ESTUDIO)
    Entrevista Colectiva* (a todos os asistentes)
  • 14:30-16:00 – PAUSA XANTAR
    No recinto feiral habilitarase un servizo de xantar para profesionais acreditados en Culturgal.
  • 16:00 a 18:00 (no ESTUDIO)
    Entrevista Colectiva* (a todos os asistentes)
  • Ás 18:00 finalizan as actividades da xornada. En calquera caso, ao realizarse no marco do Culturgal, a Feira das Industrias Culturais de Galicia, durante toda a fin de semana as persoas inscritas e o público poden disfrutar de balde dunha ampla variedade de actividades e showcase artísticos nos cinco escenarios da feira, nos 70 stands das entidades presentes e na programación de MAPEA, actuacións que se celebran durante a noite do venres en lugares singulares da cidade de Pontevedra.

* Qué é a entrevista colectiva?: unha persoa da organización, neste caso a coordinadora das mesas e metodóloga da mesa de traballo: Natalia Balseiro, irá formulando preguntas ao redor dos temas centrais da xornada: internacionalización, financiamento e programación artística ou produción de contidos.

Unha vez formulada a pregunta esta será respondida a nivel de mesa por parte de todos os asistentes. Xeraremos un debate/discusión (a nivel de mesa) arredor das respostas e pasaremos á seguinte pregunta. Trátase dunha reflexión colectiva.

 

 

Documentos:

 

Galería de imaxes:

 

 

Pin It

» encontros » Culturgal12 – Compartindo multiplicamos. Mesa...
On 30/11/2012
By
, ,

3 Responses to Culturgal12 – Compartindo multiplicamos. Mesa de traballo para Axentes Culturais

  1. […] Xestión Cultural terá unha presencia máis notoria coa organización de dúas actividades: “Compartindo multiplicamos. Mesa de traballo para Axentes Culturais” e un encontro estatal de Asociacións de Xestores […]

  2. […] documento naceu dun encontro similar que celebramos en decembro no marco do Culturgal 2012, coa asistencia dun cento de profesionais, políticos, xornalistas e artistas de toda a Península. […]

  3. […] sobre: que facer coa cultura?“. Este documento naceu dun encontro similar celebrado no marco do Culturgal 2012, coa asistencia dun cento de profesionais, políticos, xornalistas e artistas de toda a Península. […]

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

« »