No Auditorio do Museo do Pobo Galego celebrouse unha nova actividade formativa da AGPXC: “Pode a política cultural en Francia diluirse na economía creativa?”. O ponente convidado foi Marcos Giadás (Profesor de Ciencias da Comunicación, Economía e Xestión na Université de Nanterre, París)
Nunha economía aberta, a competitividade dos territorios valorase en todos os escalóns xeográficos, tanto a nivel mundial, internacional como local. As políticas culturais cambian tamén de función, estimulan a creación, apoian a innovación, favorecen a difusión do coñecemento de forma que constitúen a nivel económico unha das principais fontes de creación de valor e de riqueza dun territorio.
O desenvolvemento e as perspectivas das industrias creativas en Francia ofrecen neste sentido varios focos de interés. Historicamente país das belas artes e do centralismo cultural republicano, a política cultural francesa enfrentase agora a varios retos: manter a cohesión social do seus territorios, favorecer os intereses económicos das súas industrias culturais e coa mesma conservar unha posición xeopolítica privilexiada na batalla do “soft power”.
« Xeira de debates sobre o documento “Pensamentos sobre: que facer coa cultura?” FEAGC entra no Consello Estatal das Artes Escénicas e da Música »