Cada ano, os compañeiros de BenCuriosa organizan unha viaxe profesional para persoas que traballan no sector cultural e para o alumnado do Curso de Experto Universitario en Xestión Cultural que imparte a USC. O deste ano tivo como destino o Norte de Portugal, co obxectivo co que sempre se desenvolven estas viaxes, que non é outro que coñecer proxectos culturais de referencia a ás persoas responsables dos mesmos.
Un dos destinos da ruta cultural foi o espazo GNRation de Braga, onde, por iniciativa de BenCuriosa, desenvolveuse a mesa redonda Tecedo rede: experiencias e tendencias culturais en Braga e o Norte de Portugal, na que puidemos achegarnos non só á experiencia do propio GNRation, senón tamén ao festival Semibreve, ao 2CN-Clab e a Braga Media Arts.
Nese contexto, a AGPXC, na persoa do seu presidente, Alberto García, puido compartir cos colegas portugueses o traballo da asociación e, máis concretamente, a existencia do noso Banco de Boas Prácticas na Xestión Cultural. Del falou Sergio Lago, que foi quen coordinou no seu día a construción deste repositorio -no que tamén traballaron Adriana Castro e Nela Fraga- de boas prácticas da xestión cultural galega que, por primeira vez, presentamos en Portugal.
« Cara ás lentes violetas na música, un documento para favorecer a igualdade de xenéro O Banco de Boas Prácticas pechará na USC o seu primeiro semestre de actividade »