COIDAR DE NÓS, PARA COIDAR DA CULTURA

boas prácticas, comunicados e documentos, conferencias e charlas, encontros, info, rede Comments (0)

Xoves, 24 de novembro do 2022

Cara uns modelos máis sustentables de traballo na xestión cultural.

A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural celebrará, no marco de Culturgal e xunto a profesionais de ámbito estatal, o punto de partida dun novo proxecto. O cal permitirá abordar unha reflexión colectiva e a identificación de prácticas inspiradoras, co obxectivo de mellorar as condicións de traballo no sector.

Existe un consenso amplo, abordado en diferentes foros e espazos profesionais, sobre a situación de precariedade e vulnerabilidade, que afecta a unha parte importante dos axentes culturais.

Non é algo que afecte exclusivamente ao noso sector, pero si que reunimos importantes factores de risco, como a elevada atomización (traballadoras autónomas e entidades 1 – 2 traballadoras), alta intermitencia laboral, escasa oferta laboral estable por conta allea no ámbito privado e déficit de persoal nas institución públicas. Ademais dunha escasa formación económico – financeira, recursos para asesoramento externo especializado e unha predisposición a sacar adiante proxectos aínda que non teñan unha viabilidade económica. O que provoca que en moitos casos as dificultades do día a día deban afrontarse en solitario, ademais de impedir a organización para a mellora ou o apoio mutuo.

Con este novo proxecto, desde a AGPXC buscamos ir máis aló da diagnose e abrir un proceso colectivo na busca de solucións, prácticas e modelos inspiradores para afrontar este resto. O que sen dúbida tamén incide na calidade e impacto dos propios proxectos para os seus destinatarios finais. Inspirándose no marco os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable da ONU, porase o foco en concreto en dous: ODS 8 (traballo decente) e ODS 3 (saúde e benestar).

Baixo a coordinación técnica de Sergio Lago (Bencuriosa e socio da AGPXC), buscamos implicar a xestores culturais, no ámbito público e privado, pero tamén ao resto de axentes que participan en proxectos culturais: artistas, creadores/as, provedores auxiliares, membros de asociacións culturas, voluntarias/os, etc.

Ata marzo de 2023, desenvolveranse encontros profesionais, espazos formativos e un proxecto web que recolla as conclusións xunto un banco de experiencias inspiradoras.

O próximo sábado 26 de novembro e acollidos por Culturgal 2022, celebrarase o punto de partida desta iniciativa, cunha mesa de traballo e unha conversa aberta que reunirá a representantes de asociacións profesionais de ámbito estatal.

Este novo proxecto segue a liña doutras iniciativas anteriores que a AGPXC impulsou arredor das boas prácticas profesionais. A través de espazos de reflexión, elaboración de manuais, guías e proxectos web con experiencias inspiradoras.

Achegamos a continuación información do programa:

Sábado 26 de Novembro 11.00h – 12.00h Mesa de traballo. A través dunha dinámica participativa, poranse en común e recolleranse as achegas das asistentes sobre os retos, dificultades e posibles liñas de mellora que a AGPXC detectou como punto de partida do seu novo proxecto: “Cara uns modelos máis sustentables de traballo na xestión cultural”. Buscamos abordar unha reflexión colectiva e a identificación de prácticas inspiradoras, co obxectivo de mellorar as condicións de traballo no sector. Participarán tamén profesionais de diferentes asociacións sectoriais estatais. Inscricións.

13.00h – 13.45h Conversa Aberta. [Espazo Profesional]
Momento de conversa aberta ao público e conclusións compartidas despois do primeiro intercambio da mañá. Abordaremos unha reflexión colectiva e a identificación de prácticas inspiradoras, co obxectivo de mellorar as condicións de traballo no sector.
Carlos Lorenzo, Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC).
Ana Aznar, Asociación de Gestoras y Gestores Culturales de Extremadura (AGCEX).
Raül Carretero, Associació de Professionals de la Gestió Cultural a Catalunya (APGCC).
Berta Figueiras, Red de Espacios y Agentes de Cultura Comunitaria (REACC).
Modera: Sergio Lago (Bencuriosa), coordinador do proxecto.

Máis información e inscriciòns en cultur.gal

Pin It

» boas prácticas, comunicados e documentos, conferencias e charlas, encontros, info, rede » COIDAR DE NÓS, PARA COIDAR...
On 24/11/2022
By
, ,

Comments are closed.

«