Chega a Compostela a xeira de debates sobre o documento “Pensamentos sobre: que facer coa cultura?”

encontros Comments (2)

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2014

 

Co apoio de:

 DepCor_cor_horiz

 

 

A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural continúa en Compostela, na Galería Sargadelos (Rua Nova 16), a xeira de debates sobre o documento “Pensamentos sobre: que facer coa cultura?“.

Este documento naceu dun encontro similar que celebramos en decembro no marco do Culturgal 2012, coa asistencia dun cento de profesionais, políticos, xornalistas e artistas de toda a Península. Dentro das reflexións máis repetidas entendíamos que unha sociedade que pretenda ser sostible, solidaria e con opcións de futuro, debe protexer e tecer redes comúns cos servizos sociocomunitarios e tamén entre os tres alicerces da sociedade do coñecemento: a educación, a ciencia e a cultura. Ducias de profesionais e políticos foron convidados para reflexionar sobre as conexións, problemáticas e posibles accións conxuntas entre estas áreas.

A metodoloxía aplicada nestes encontros son mesas de debate de entre 5 e 10 persoas, coordinadas por unha persoa asociada á AGPXC, nas que se comparte o punto de vista e as situacións, problemáticas e liñas de traballo que cada  colectivo está a seguir dentro deste contexto. Búscase tamén que as persoas asistentes poidan coñecer novas visións dende sectores próximos pero cos que non sempre é doado atopar momentos para a reflexión conxunta.

Esta xornada, coordinada polos asociados Suso Amado e Expo Alcocer, é unha continuación da organizada pol*s asociad*s da Coruña. A asistencia requería convite previo, pero calquera profesional que desexase participar podía solicitar inscribirse por correo electrónico.

 

Listado de persoas asistentes

 

  1. Miguel Flores (Merlo Branco – Asociación Músicos ao Vivo)
  2. Jorge Rei (Cachirulo)
  3. Camilo Franco
  4. Juan Carlos Zahera (Danza – USC)
  5. Nacho Fungueiriño (Culturactiva)
  6. Roxo (Culturactiva)
  7. Pato ( Festival de Cans)
  8. Mar Bóveda
  9. Iván Vedra
  10. Agustín (Rede Centros Sociais)
  11. Ramom Pinheiro (Acentral Folque)
  12. Ugia Pedreira (Acentral Folque)
  13. Gentalha do Pichel
  14. Xosé González Serén
  15. Carlos Montilla
  16. Xaime (Urdime)
  17. Jerry Noia
  18. Xesús Ron (Chevere)
  19. Carlos Santiago (teatro)
  20. Ricardo (Candidatura do pobo)
  21. Sonia Díaz (nócomún)
  22. Clara Rodríguez (actriz)
  23. Sabela (Illa Bufarda)
  24. Adriana (Illa Bufarda)
  25. Aitana Cuétara (Crechas)
  26. Xoque Carbajal (actor)
  27. Cristina Balboa (Danesga)
  28. Antón Escuredo (xornalista)
  29. Palmira (mimadriña – educadora social)
  30. Avelino Díaz (Asociación Actores e Actrices)
  31. Xurxo (Galicia Confidencial)
  32. María Paredes (AGADIC)
  33. Mark (Estaleiro Editora)
  34. Manu (circo nove)
  35. Cristina Labandeira (O Cable Inglés) (socia AGPXC)
  36. Marcos Lorenzo (socio AGPXC)
  37. Diego Vázquez Meizoso (Rede Centros Sociais) (socio AGPXC)
  38. Madó (Cultura Muros) (socia AGPXC)
  39. Sergio Lago (coordinación AGPXC)
  40. Suso Amado (coordinación AGPXC)
  41. José Expósito (coordinación AGPXC)

 

Documentos:

 

Galería de imaxes:

 

Pin It

» encontros » Chega a Compostela a xeira...
On 18/02/2014
By
,

2 Responses to Chega a Compostela a xeira de debates sobre o documento “Pensamentos sobre: que facer coa cultura?”

  1. […] Esta información está estraida da web da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, http://xestoresculturais.gal/chega-a-compostela-a-xeira-de-debates-sobre-o-documento-pensamentos-sob… […]

  2. […] políticos, xornalistas e artistas de toda a Península. A xeira continuou na Coruña (maio 2013) e en Santiago de Compostela (febreiro 2014). Ducias de profesionais e políticos foron convidados para reflexionar sobre as […]

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

« »