Celebramos a nosa asamblea anual en Culturgal

encontros Comments (0)

Pontevedra, 30 de novembro de 2018

Culturgal é unha das citas de referencia da cultura galega e a Asociación de Profesionais da Xestión Cultural estivo tamén presente na feira, que, como vén sendo habitual, se celebrou no Pazo da Cultura de Pontevedra.

No primeiro dos tres días, que é o que está orientado fundamentalmente ao sector, tivemos ocasión de participar nas xornadas desenvolvidas por Escena Galega e tamén de celebrar a nosa asamblea anual, na que demos conta de todas as actividades desenvoltas neses últimos meses, das que tedes un resumo nesta web.

Rematamos o día cun breve momento de socialización entre soci*s e compañeir*s do sector, nun brinde pola cultura con Carlos Meixide exercendo de anfitrión, cun discurso cargado de humor e ironía sobre a nosa profesión, o seu presente e o seu futuro.

Pin It

» encontros » Celebramos a nosa asamblea anual...
On 01/12/2018
By
,

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

« »