A AGPXC participou na iniciativa “Mulleres e Música”, coordinada por Arancha Estévez e organizada pola área de Cultura da Deputación da Coruña dentro da súa liña de traballo #aculturaéundereito.
Nesta xornada presentouse o documento “CARA ÁS LENTES VIOLETAS NA MÚSICA”, elaborado pola nosa socia Belén Bermejo e xa dispoñible para descarga aquí.
Trátase dunha proposta promovida pola AGPXC e MIM (Mulleres na Industria da Música), co apoio da área de Cultura da Deputación da Coruña, que busca ofrecer claves para favorecer a igualdade de xenéro nas programacións musicais.
« O AGPXC participa na ICC Week co Banco de Boas Prácticas e os premios Rodolfo Prada Compartimos as nosas boas prácticas cos colegas do Norte de Portugal »