‘BOAS NOVAS NO CAMIÑO’ ABORDA AS CIDADES E AS RÚAS COMO ESCENARIO NA REPRESENTACIÓN TEATRAL: UNHA APROXIMACIÓN Á COMUNIDADE

boas prácticas, conferencias e charlas, encontros, info, rede Comments (0)

Venres, 10 de setembro do 2021

A Asociación de Profesionais da Xestión Cultural, organizou na Casa do Concello de Ribadavia, o primeiro encontro do ciclo de xornadas de Boas Novas No Camiño que ao longo deste mes de setembro abordan as boas prácticas culturais en catro territorios atravesados por rutas xacobeas. Este venres a iniciativa reuniu a voces expertas do eido da cultura galega, estatal e europea baixo o título As cidades como escenario a través das artes escénicas. A sesión celebrouse en formato híbrido, presencial e tamén en streaming a través da canle de Youtube da AGPXC. A iniciativa está organizada pola Asociación de Profesionais da Xestión Cultural co apoio do programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia.

Na sesión de Ribadavia, ao paso do Camiño Miñoto, participaron catro iniciativas; unha galega, unha estatal e unha portuguesa, que puxeron en común distintos aspectos arredor das boas prácticas na divulgación do patrimonio histórico a través de grandes eventos de diculgación das artes escénicas como son A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT), O Centro das Artes escénicas e a Música de Extremadura (CEMART) e a Feira Ibérica de Teatro de Fundão, de Portugal.

Abriu o debate a moderadora, Dolores Vilavedra, e secretaria do Consello da Cultura Galega, quen puxo en cuestión se as cidades son ou deben ser un escenario de seu. Ao fío, engadiu, para comezar que “quizais temos que fuxir dos grandes eventos, dos grandes espazos, e cambiar o foco cara accións máis sustentables e cando vexo o Banco de Boas Prácticas da AGPXC sinto orgullo. Creo que este camiño de facer eventos máis a medida do ser humano xa non ten volta atrás, porque o público tamén pide iso”.

Ante isto, e en representación da organización da Asociación Galega de Xestores Culturais, Pilar Portela abordou as intencións e obxectivos do ciclo de xornadas que é “crear sinerxias para ensinar o que se fai en Galicia e aprender o que fan en España e en Europa” e sinalou que o tema das cidades como escenario úxose de relevo durante a covid porque “era o único que había cando non se podía facer outra cousa e os espazos estaban pechados. Cando utilizas as cidades como escenario das un valor engadido tanto ás propostas escénicas como á propia cidade” xerando así un impacto moi positivo en todos os elementos que compoñen o entorno urbano.

O diálogo sobre as cidades como esceranio a través das artes escénicas supón unha oportunidade para abordar as boas prácticas arredor destes eventos culturais, especialmente para crear redes de colaboración entre os distintos proxectos vencellados ao eido da representación teatral.

De entre os proxectos participantes nesta xornada, deu comezo á poñencia Roberto Pascual, director da Mostra Internacional de Ribadavia (MIT) quen abordou o modelo cultural actual que se divide entre as industrias culturais ou o teatro amador, onde non hai espazo para a experimentación e as inquedanzas artísticas diferentes, máis vinculadas coas residencias teatrais e o modelo de investigación do teatro europeo. Ante esto, expresou que “neste modelo a novidade é o importante, mentres que noutros lugares traballan espectáculos de repertorio que están xirando por todo o mundo durante varios anos e que nos demostran que as artes escéncias non caducan nin están ao arbitrio das modas e da lei da oferta e a demanda que marca o mercado da distribución”.

Nesta liña, incidiu en que é importante combinar a presenza de figuras internacionais coa participación da comunidade local, que sinte orgullo e que se implica. Ante esto, explicou que no MIT defenden un festival popular que “nunca será un festival elistista pero que si ten en conta iso que equivocadamente se considerou como elistista que é a innovación e a vangarda escénica”.

Ademais, un dos conceptos principais abordados nesta sesión foi a periferia, a necesidade de repensala, e especialmente, entender a sustentabilidade como unha forma de implicar a comunidade que rodea ao evento, no caso do MIT, Pascual afirma que “é moi positivo a inclusión de outros concellos veciños da comarca que tamén participan. Conseguimos que sexa un encontro de culturas sen prexuízos, onde o académico e o innovador non son excluíntes”.

Todo isto enmárcase nun concepto máis amplo que é a cidade como escenario, a través do cal Toni Álvarez, directora do Centro das Artes escénicas e a Música de Extremadura (CEMART), a iniciativa estatal seleccionada, explicou que “as artes escénicas son un dos máis ricos patrimonios que temos” e engadiu que os xestores culturais e programadores están obrigados a “protexer as artes escénicas no seu conxunto e a todas as persoas que contribúen a elas”. Álvarez, considera ademais, que a participación do sector é imprescindible para poñer en marcha e desenvolver, dende o ámbito das boas prácticas, os eventos de representación teatral. Ante iso, sinala que son estes actores “os que crean, os que nos facilitan os datos sobre a acollida do público e cremos que é necesaria esa colaboración para que sexan eficaces os programas”.

Cunha estreita relación entre os eventos ibéricos, desde a A Feria ibérica de Teatro de Fundão, Miguel Nascimento, o seu representante, concorda co concepto da cidade escenario, de espallar a cultura pola rúa, e atraer ao público ao teatro, e engadiu que “a confianza dos nosos parceiros españois foi importante para poñer a andar a feira, pero esta cooperación ten que avanzar para un terreno real que propicie o encontro de propostas de un e outro país ao 50% de participación de cada parte”. Así, a creación de redes de colaboración e apoio entre os diferentes actores que contribúen ao desenvolvemento e creación dos proxectos culturais, supón unha constante ao longo de todas as xornadas do ciclo de Boas Novas no Camiño.

Ademais, en relación ao intercambio de coñecemento en conxunción coas cidades como escenario, agregou que: “a rúa é o espazo por excelencia para o tearo e a dinamización das nosas iniciaitivas culturais ; e tamén é importante que a comunidade estea implicada, por iso a feita é máis que unha inicaitiva cultural que acontece nun momento do ano. O que queremos é que durante o resto do ano, todas as actividades da vila de Fundao teñan esta visión e o intercambio ibérico dea lugar a unha trashumancia cultural”

Neste senso, cada un dos participantes abordou, dende a súa grande experiencia e bagaxe profesional no eido das artes escénicas, a importancia de buscar novas formas de programar para atender á sustentabilidade e á integración na comunidade nos eventos organizados. Ademais, tamén existe consenso na necesidade de repensar a idea de periferia e redes de traballo, de forma que estes sirvan a uns obxectivos sociais, ademais de afastarse, da simetría dos apoios. O diálogo abordou o concepto das Cidades como espazo a través das artes escénicas dun xeito transversal, atendendo á programación e organización de forma holística, conxugando, de novo, o territorio e a comunidade que participa, e constitúe un suxeito activo da súa propia cultura.

Boas Novas no Camiño continuará con outra xornada. O día 24 completarase o programa coa presenza de proxectos destacados en Betanzos con un foro sobre a relación entre a Cultura e a Gastronomía

Cada unha das datas presentan un formato híbrido, presencial e online. Todas as persoas que desexen participar deberán inscribirse no enderezo electrónico info@xestoresculturais.gal para asistir presencialmente ou acceder ao streaming que se compartirá a través da Canle de Youtube de AGPXC

Pin It

» boas prácticas, conferencias e charlas, encontros, info, rede » ‘BOAS NOVAS NO CAMIÑO’ ABORDA...
On 18/09/2021
By
, ,

Comments are closed.

« »