A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural programa catro xornadas arredor das Boas Prácticas Culturais nos territorios do Camiño.

boas prácticas, conferencias e charlas, encontros, info, rede Comments (0)

Martes, 24 de agosto do 2021

A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) vai desenvolver durante o mes de setembro a programaciónBoas Novas no Camiño’, unha iniciativa divulgadora enmarcada no programa ‘O Teu Xacobeo’ da Xunta de Galicia que ten como obxectivo crear sinerxías e espazos de diálogo entre prácticas culturais galegas e proxectos de obxectivos similares que se desenvolven noutros países europeos como Portugal, Francia, Dinamarca, Italia ou Reino Unido.

Serán en total catro xornadas nas que se tentará dar resposta ás necesidades culturais dos territorios, a través do coñecemento e a análise de experiencias de proxectos relevantes e sustentables, enmarcados dentro dos parámetros das boas prácticas culturais. co obxectivo de poñer en valor as iniciativas culturais presentes nos diferentes traxectos do Camiño de Santiago.

Nos encontros van participar expertas e expertos internacionais e galegos vinculados ao proxecto “Banco de Boas Prácticas para a Xestión Cultural”, desenvolvido pola AGPXC co apoio da Deputación da Coruña, e que reúne 100 proxectos culturais inspiradores cuxa transferencia pode axudar a mellorar e profesionalizar o sector cultural porque entenden a sustentabilidade dun xeito transversal, coidando en todas as súas propostas aspectos como igualdade, a diversidade, o territorio e as persoas que o habitan.

A iniciativa está enmarcada dentro do programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia

Boas Novas no Camiño busca crear sinerxías e espazos de diálogo entre prácticas culturais galegas e proxectos europeos ao longo dos diferentes camiños de Santiago.

Participarán expertas e expertos do ámbito galego, nacional e internacional vinculado ao proxecto “Banco de Boas Prácticas para a Xestión Cultural”

Pin It

» boas prácticas, conferencias e charlas, encontros, info, rede » A Asociación Galega de Profesionais...
On 24/08/2021
By
,

Comments are closed.

« »