Logo das tres primeiras quedadas do ano, facemos balance:
1- Na cita de xaneiro en Carral concluímos que a maioría dos profesionais galegos da xestión cultural temos carencias no coñecemento de fondos europeos polo que a AGPXC pode ser ÚTIL organizando de cara a finais de ano, unha xornada formativa neste senso.
2- Na cita de febreiro no Matadoiro concluímos que necesitamos coñecernos máis e visibilizarnos mellor polo que a AGPXC pode ser ÚTIL construindo un “banco de boas prácticas en xestión cultural”. Podemos anunciar que este catálogo/escaparate de proxectos xa está en marcha!
3- Na cita de marzo no Milladoiro concluimos que necesitamos ter máis voz ante as convocatorias públicas de emprego en cultura, polo que a AGPXC pode ser ÚTIL xerando un grupo de traballo especializado en vixiar convocatorias (impugnalas se é o caso), asesorar a diferentes administracións en base ás nosas demandas profesionais, etc. Este grupo de traballo xa está en marcha, capitaneado pola compañeira María Vázquez, de Ames.
CADA QUEDADA QUE FACEMOS TEN O OBXECTIVO DE PRODUCIR UNHA RESPOSTA DA ASOCIACIÓN ANTE UNHA DEMANDA COLECTIVA DA PROFESIÓN. ESTAMOS NO CAMIÑO!
PARTICIPAS?
« 3ª Quedada da AGPXC: Actualidade das convocatorias públicas de emprego en cultura. AGPXC participa no Pecha Kucha #CidadeCreativa »