Xuntas reforzamos a consolidación da figura profesional do xestor cultural. Dende a Asociación tamén poñemos en valor o traballo individual das persoas asociadas
Vinculamos as nosas actuacións con outras iniciativas próximas de Galicia, do resto da Península e a nivel internacional. Poñemos en contacto a proxectos, entidades e profesionais para traballar máis e mellor no eido da xestión cultural.
Actuamos como interlocutores con organismos públicos ou entidades privadas co fin de mellorar a programación, desenvolvemento e avaliación da actividade cultural. Promovemos o debate e a reflexión no campo das políticas culturais.
Desenvolvemos unha oferta especializada propia e gratuíta para socias e socios. Colaboramos con entidades educativas para a mellora da súa oferta formativa. Compartimos publicacións e información de interese.
Acordamos ofertas exclusivas para persoas socias en servizos, xornadas técnicas, seminarios e plans formativos organizados por terceiros.
Promovemos a mellora das condicións xerais e particulares para o desenvolvemento da actividade profesional das persoas asociadas. Recibimos e tramitamos denuncias de malas prácticas
Poden formar parte da asociación as persoas que desenvolvan a súa actividade profesional principal no ámbito da xestión cultural, tanto no sector público como no privado. Esta condición deberá ser acreditada ante a xunta directiva para a súa admisión. A cota anual é de 60 €
Cubre o seguinte formulario e poñerémonos en contacto de seguido! ;)
.