Así foi a xornada sobre políticas culturais

info Comentarios desactivados en Así foi a xornada sobre políticas culturais

Compostela, 21 de novembro de 2018

O pasado 13 de novembro desenvolvimos na Cidade da Cultura unha xornada sobre a política cultural en Galicia. Foron moitas as persoas que acudiron ao convite da nosa asociación para coñecer a situación do noso sector da man dos seus profesionais, escoitar opinións diversas sobre as políticas culturais galegas e tamén opinar e debatir, convertindo a cita nunha experiencia moi enriquecedora para tod*s nós.

Por se non puideches acompañarnos -ou o fixeches e apetéceche escoitar de novo algunha intervención- aquí tes a xornada vídeo a vídeo:

 

Trala presentación, na que participaron a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, Fátima Teixeiro, compañeira da directiva da AGPXC, e Xavier Campos, expresidente da asociación, puidemos coñecer os detalles do documento que desde a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural proporcionamos á Xunta como contribución á “Estratexia da Cultura Galega”.

Un documento que, por certo, tedes AQUÍ ao voso dispor, e do que falaron Iván Arias (WOS), Clara Cordeiro  (7HCoop) e Emi Candal (Urdime).

 

A continuación, e tras unha breve presentación da compañeira da asociación Agar Ledo, tivemos ocasión de asistir a dúas palestras sobre a situación das políticas culturais en Galicia con outros dous compañeiros: a primeira deles, da man de Marcos Lorenzo (Bencuriosa), e a segunda con  Jorge Linheira, autor do libro A cultura como reserva india.

Tralas súas palestras, chegou o momento da primeira mesa de debate, neste caso protagonizada por profesionais do sector cultural. Participaron nela -moderados polo compañeiro da asociación Carlos Lorenzo–   Eduardo Alonso (Escena Galega ), Sonia Lebedynski (Músicas ao Vivo ), Mercedes QueixásAsociación deEscritor*s en Lingua Galega) e Jorge Albora (ClústerAudiovisual de Galicia ).

 

E, para rematar, velaquí está a segunda mesa da xornada, moderada por Alberto García, presidente da nosa asociación, e con representantes dos partidos políticos do Parlamento de Galicia para falar das súas respectivas propostas en canto a políticas culturais: César Fernández Gil (PP), Concepción Burgo López (PSdeG), Olalla Rodil (BNG) e Ánxeles Cuña (En Marea).

Pin It

» info » Así foi a xornada sobre...
On 21/11/2018
By

Comments are closed.

«