A Xestión Cultural

19/01/2014

Culturgal 2012 (nócomún)

As persoas que nos adicamos á xestión cultural traballamos para que a cidadanía poida acceder de xeito igualitario á diversidade cultural e ao coñecemento. Cidadás e cidadáns que sexan así mesmo partícipes activas, creadores de sentido e xeradores de coñecemento. Este é o obxectivo principal da nosa profesión.

Aínda que os procesos modernos de xestión cultural, no seu máis amplo sentido, poden remontarse a tempos da Ilustración, os xestores culturais tal e como o entendemos actualmente nacemos coa democracia hai 40 anos, cunha formación procedente da práctica e a experiencia. Esta orixe constitúe o principal motivo da diversidade dun sector que nos ofrece case tantos perfís como persoas.

 

O uso do epígrafe de Xestor Cultural

O “Servicio Público de Empleo Estatal” ten asignado dende o 27 de xullo de 2012 o seguinte código de 8 díxitos para o emprego de “Xestor Cultural” na Clasificación Ocupacional SISPE 2011: 37131078

 

Documentos de interese

Comments are closed.