O Centro de Emprendemento Gaiás- CEM celebra #CidadeCreativa, un networking de emprendedores creativos e culturais no que se da a coñecer os produtos e servizos de máis de 50 empresas, visibilizando a súa labor e establecendo sinerxias entre emprendedores, axentes e cidadanía.
Arte, artesanía, música, deseño, artes vivas, creación multidisciplinar e intercambio de coñecementos son os eixes centrais deste evento que organiza 7H Cooperativa Cultural.
Goteo Creativo, espazo de micro aberto en formato Pecha Kucha no que participou o noso presidente, Alberto García, o xoves 30 de marzo de 18.30 a 19.30 na Sala Eisenman da Cidade da Cultura de Galicia. Participan tamén:
Blockhead / Gálix – Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil / Luís Magarinhos / Más Que Papel / Mulleres Bravas da nosa historia de Urco Editora / NANA / Paripepop / ReEvoliciona / Diego V. Meizoso.
Fotos de #ManuelGVicente.
« Balance das tres primeiras quedadas do ano Desconto para asociadxs da AGPXC en “Reset Cultura. Encontro Internacional de Profesionais da Xestión Cultural”. »