AGPXC convidada en Viana do Castelo ao encontro ibérico de xestores culturais – FIGAC 2015

conferencias e charlas, encontros, rede Comments (0)

Viana do Castelo, 2 e 3 de xuño de 2015

 

A AGPXC foi convidada a participar na 6ª edición do Fórum Internacional de Gestão Artística e Cultural, un encontro organizado dentro da programación final da licenciatura en “Gestão Artística e Cultural” do Instituto Politécnico de Viana do Castelo.

Dentro do FIGAC ofértase unha diversa programación co obxectivo principal de proporcionar, aos profesionais e estudantes do sector cultural e creativo, espazos para reflexionar e compartir coñecemento arredor da xestión cultural contemporánea.

O encontro ibérico de asociacións profesionais no que participa o noso presidente, Alberto García, celébrase o mércores 3 de xuño de 16:30 a 18:30 e titúlase “O Associativismo como forma de Cooperação entre Gestores Culturais”. Participarán tamén:

  • Moderador: Manuel Ferreira da Costa 
    [Biblioteca Municipal Rosa Peixoto; Município da Póvoa de Varzim]
  • Relator: Jorge Miguel da Rocha e Silva
    [Licenciado em Gestão Artística e Cultural, IPVC, 2011]
  • Álvaro Romeno Mena
    [Asociación de Gestores Culturales de Andalucia]
  • Alberto García Sánchez
    [Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural]
  • Raúl Fernández Sobrino
    [Asociación Profesional de Gestores Culturales de Castilla y León]
  • Rosa Gomes
    [Associação Portuguesa de Gestão Cultural]
Pin It

» conferencias e charlas, encontros, rede » AGPXC convidada en Viana do...
On 26/05/2015
By

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

« »