A reivindicación da Federación Estatal de Asociacións de Xestores Culturais (FEAGC) materializouse o pasado 31 de outubro coa publicación no B.O.E. da Orde ECD/2006/2013, do 23 de outubro, do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte pola que se nomea a José Vicente Urabayen vogal do Consello Estatal das Artes Escénicas e da Música en representación da FEAGC.
O Consello Estatal das Artes Escénicas e da Música é un órgano colexiado de carácter representativo e asesor, dependente do Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música (INAEM), que pretende canalizar a participación e colaboración dos sectores das artes escénicas e musicais e das distintas Administracións Públicas coa Administración Xeral do Estado.
O Consello Estatal está constituído por representantes das asociacións e organizacións dos sectores da música, a danza, o teatro e o circo, da administración estatal, autonómica e local, e vogais seleccionados en atención ao seu recoñecido prestixio e experiencia.
FEAGC viña reivindicando a entrada neste órgano de participación e colaboración por considerar valiosa a visión que dende o mundo da xestión cultural se podía ofrecer, ao tempo que a súa presenza contribuiría ao recoñecemento e dignificación da profesión.
« Conferencia: Pode a política cultural en Francia diluirse na economía creativa? Conversa aberta 2013: Culturgal e o modelo futuro das feiras profesionais da cultura »