A FEAGC organiza a II Conferencia Estatal da Cultura 2015

rede Comments (0)

Pamplona, 5 e 6 de maio de 2015

 

A Federación Estatal de Asociaciones de Gestores Culturales -FEAGC- promove a II Conferencia Estatal de la Cultura que pretende ser o pulso do sector cultural nun contexto de durísima crise económica. A Conferencia terá lugar os días 5 e 6 de marzo de 2015 en Pamplona.

Esta II Conferencia Estatal da Cultura é un encontro de responsables de asociacións de xestores culturais, organizacións profesionais, empresariais e do terceiro sector dos distintos ámbitos do sector cultural: artes plásticas e visuais, artes escénicas, audiovisuais, deseño, libro, música e patrimonio. As inscricións (60 €) poden realizarse na propia web do evento.

Un dos obxectivos principais será realizar unha avaliación das 12 liñas de acción do Pacto pola Cultura de 2010 e elaborar un novo documento marco de xeito participativo.

Durante os meses previos tamén estará activa unha vía de participación individual online. Para tal fin, habilitouse un espazo a través da plataforma Loomio na que se pode participar creando unha conta, buscando o grupo “Pacto por la Cultura – FEAGC” e uníndose a el. Neste vídeo tutorial explícase o seu funcionamento.

Toda a información en: www.conferenciaestatalcultura.feagc.com

 


 

 

FINALIDADE:

· Reflexionar e debater sobre os retos que o sector cultural afronta, achegando novas ideas e tendencias que permitan mellorar a capacidade creativa, social e económica do mesmo.

· Aproveitar as potencialidades do sector cultural en beneficio do desenvolvemento cultural da cidadanía, á vez que melloramos o noso posicionamento respecto das súas prioridades.

· Todo iso concretarase nun acordo de mínimos e un pacto en defensa da cultura como factor de crecemento que todos os sectores culturais podamos impulsar e defender, articulado nun novo Pacto pola Cultura.

 
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:

· Realizar unha avaliación das 12 liñas de acción do Pacto pola Cultura de 2010 e elaborar un novo Pacto pola Cultura, todo iso de forma participativa.

· Contribuír ao maior recoñecemento do valor da cultura no benestar das persoas, a cohesión social, a creación de emprego e o desenvolvemento local e territorial.

· Facer propostas para que a cultura, a educación e o coñecemento formen parte das prioridades e a centralidade das Administracións Públicas.

· Consolidar a Conferencia Estatal da Cultura como unha cita trienal para tomar o pulso do sector e realizar cada tres anos os diagnósticos correspondentes.

 

PARTICIPANTES:

· Profesionais da xestión cultural dos ámbitos público, privado e terceiro sector.

· Responsables de asociacións de xestores culturais, organizacións profesionais, empresariais e do terceiro sector dos distintos ámbitos da cadea de valor de todos os sectores culturais e creativos.

· Persoas con responsabilidades en institucións e equipamentos culturais, observatorios e entidades de análises do sector cultural.

· Docentes, artistas, creadores, xornalistas, concelleiros e responsables políticos interesados no desenvolvemento cultural.

· Na conferencia poderase participar como responsable/representante dunha entidade, organización ou asociación do sector, pero tamén como profesional/xestor de calquera dos ámbitos do sector.

 

 

Pin It

» rede » A FEAGC organiza a II...
On 13/01/2015
By
,

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

« »