Está dirixido a persoas, proxectos ou colectivos que se signifiquen pola xestión de iniciativas de carácter cultural e que desenvolvan a súa actividade na Comunidade Autónoma Galega ou fóra de Galicia, pero con claras referencias nos seus contidos e obxectivos á cultura galega.
O premio contará con tres modalidades:
- Profesionais da xestión cultural que teñan desenvolvido unha actividade concreta ou unha traxectoria profesional destacada no ámbito da xestión cultural no máis amplo dos seus aspectos.
- Persoas voluntarias ou colectivos afeccionados que teñan desenvolvido algunha actividade concreta ou unha traxectoria profesional destacada no ámbito da xestión cultural no máis amplo dos seus aspectos.
- Dirixido a proxectos culturais vinculados á Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural e que formen parte do seu banco de boas prácticas.
Para a nosa asociación é un feito importante de que estes galardóns poidan contribuír ao recoñecemento da nosa profesión, dos grandes profesionais que temos en Galicia e dos exitosos proxectos culturais que están espallados pola nosa xeografía. Especial relevancia lle outorgamos a que os proxectos incorporados ao Banco de Boas Prácticas da Xestión Cultural teñan unha modalidade exclusiva para seren premiados.
Animamos as proxectos do Banco de Boas Prácticas e ás persoas profesionais membros da asociación a presentar candidaturas, tanto propias como doutros profesionais ou entidades, a través deste modelo normalizado no lugar e coa documentación establecida na base cuarta das reguladoras da convocatoria. O prazo para facelo remata o 2 de abril e a entrega do premio farase dentro da programación da ICC Week en maio.
As bases están publicadas no BOP de Ourense do 8 xuño de 2017 e a convocatoria no do 08 de febreiro de 2018.
« O Banco de Boas Prácticas na Xestión Cultural comeza un percorrido por Galicia distinguindo trece propostas de referencia en Compostela Recoñecemos as boas prácticas culturais que se desenvolven en Pontevedra »