A cultura cidadá galega, no MediaLab-Prado de Madrid

conferencias e charlas, rede Comments (0)

Madrid, 4 de maio de 2018

Seguindo co traballo de visibilización e posta en valor da xestión cultural en Galicia, en moitas ocasións a través do Banco de Boas Prácticas na Xestión Cultural, este mes de maio participamos nunhas xornadas en Madrid adicadas á cultura participativa. A iniciativa, promovida pola Universidade de Alcalá de Henares, desenvolveuse nun espazo referencial da cultura participativa madrileña, como é o MediaLab-Prado.

O presidente da AGPXC, Alberto García, compartiu neste contexto algunhas das propostas culturais de referencia en Galicia, con especial  énfase na posta en valor do traballo que aquí se fai ao respecto da cultura cidadá.

A AGPXC mantén como unha das súas principais liñas de traballo a difusión e recoñecemento da nosa profesión, mantendo para iso a colaboración aberta a institucións que teñan interese por ela e polo bo que dá de si, así como ás persoas que queiran asociarse ou participar máis activamente nesta construcción colectiva e permanente na que estamos.

Pin It

» conferencias e charlas, rede » A cultura cidadá galega, no...
On 04/05/2018
By
, ,

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

« »