.
O estudantado universitario matriculado nos estudos do grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural, así como no máster en Servizos Culturais que oferta a USC na Facultade de Humanidades do campus de Lugo poderán completar estadías de prácticas laborais con profesionais ou en empresas agromadas na Asociación Galega de Profesionais de Xestión Cultural (AGPXC).
Esta nova vía de colaboración entre a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural e a Facultade de Humanidades da USC supón unha canle que posibilita a conexión directa do estudantado dos programas formativos de ciencias da cultura e servizos culturais co mundo laboral e nomeadamente coas industrias deste sector.
O novo acordo acadado entre a USC e a AGPXC esténdese alén da realización de prácticas profesionais titorizadas, que é o obxectivo do convenio asinado este xoves en Compostela polo vicerreitor de Oferta Docente da USC, Roberto López, e o presidente da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, Alberto García Sánchez.
« 2ª Quedada da AGPXC: o perfil profesional na actual xestión cultural A área de Cultura da Deputación apoia o Banco Dixital de Boas Prácticas Culturais »