Foto de Fernando Blanco

A Asociación de Xestores Culturais comparte un documento de debate arredor da situación da cultura

comunicados e documentos Comments (0)

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2013

 

  • Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural nace en maio de 2008 como un espazo de encontro e reflexión profesional. Actualmente forman parte da asociación 61 xestores culturais privados, técnicos municipais e responsables de espazos culturais, tanto do eido público como do privado.
  • O documento reflexa preocupacións e reflexións arredor da situación actual da cultura en Galicia e preséntase coa intención de compartir e seguir debatendo con máis colectivos e administracións públicas.
  • A diagnose principal é que está en perigo o dereito da cidadanía a acceder de xeito igualitario á diversidade cultural e ao coñecemento.

 

Nos últimos tempos estamos a presenciar como a crise económica está a servir de coartada para desmantelar as estructuras culturais e poñer en perigo o dereito da cidadanía a acceder de xeito igualitario á cultura e ao coñecemento.

Advertimos tamén que as medidas curtopracistas que se están a tomar non solucionan os problemas estructurais da economía e da nosa sociedade, todo o contrario, están a acelerar a desaparición de estructuras, iniciativas e redes que si funcionan ou funcionaban e que será moi difícil volver a recuperar.

O mundo da cultura non vive allea ao momento económico que afecta a toda a sociedade. Os axustes orzamentarios en si mesmos non son o problema principal, sonno se están acompañados de improvisación, falta de análise das súas repercusións, ausencia de estratexias alternativas e en demasiadas ocasións, se connotan un abandono de funcións. Todos estes erros son críticos cando os toma un cidadán, un profesional ou unha empresa e sonno máis cando se producen en administracións públicas.

Outra tendencia preocupante é que os axustes se realicen en áreas esenciais para unha sociedade que pretenda ser sostible, solidaria e con opcións de futuro. Estamos a falar dos servizos sociais, a sanidade e os tres alicerces da sociedade do coñecemento: a educación, a ciencia e a cultura.

Compartimos este documento de reflexións e propostas para que poida ser debatido e empregado por profesionais, empresas, institucións e administracións, cada un no seu nivel de responsabilidade.

A partir deste momento retomaremos e iniciaremos contactos con outros colectivos da cultura, o ensino, o coñecemento científico, etc, co obxectivo de seguir debatindo e desenvolvendo propostas de accións na defensa do valor social do coñecemento, coa cultura como elemento esencial e non ornamental.

Julio Gómez, presidente da AGPXC e Paulo Rodríguez, vicepresidente, nun momento da rolda de prensa

Julio Gómez, presidente da AGPXC e Paulo Rodríguez, vicepresidente, nun momento da rolda de prensa

 

Dentro do documento, queremos destacar tres reflexións que compartiremos con responsables políticos das distintas administracións públicas:

  • FUTURO: As políticas públicas deben realizarse cunha planificación estratéxica a longo prazo e orientadas ás necesidades da sociedade e o territorio que ocupan. O coñecemento é a chave do futuro.
  • DIÁLOGO: Debe escoitarse e facer partícipes das políticas públicas a profesionais, asociacións sectoriais e á cidadanía. Deben reorientarse os usos dos recursos non monetarios das administracións e abrir á sociedade a xestión de espazos públicos infrautilizados.
  • BOAS PRÁCTICAS: En tempos de reduccións orzamentarias, debe extremarse a transparencia orzamentaria e de contratacións, priorizando as convocatorias abertas e a esixencia de responsabilidade na xestión económica e social dos nosos recursos.

Aínda que as institucións públicas teñen a obriga constitucional de promover e tutelar o acceso igualitario á cultura e o coñecemento, os axentes culturais debemos reflexionar tamén sobre os valores que hai detrás do noso traballo e o que aportamos á sociedade, co obxectivo de que a cultura recupere a súa función de motor social e económico.

 

 

Documentos:

 

 

Pin It

» comunicados e documentos » A Asociación de Xestores Culturais...
On 05/03/2013
By
,

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

« »