Nunha xuntanza na que participaron a vicepresidenta e responsábel da Área de Cultura, Goretti Sanmartín e o asesor da área, Xavier Campos por parte da Deputación da Coruña e o presidente, Alberto García e vicepresidente, Carlos Lorenzo, por parte da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural acordouse impulsar a elaboración do Banco Dixital de Boas Prácticas Culturais, unha iniciativa pioneira que porá ao dispor do sector cultural o traballo de profesionais e as máis destacadas iniciativas de interese.
O Banco Dixital de Boas Prácticas consistirá nun repositorio web en que se identifican e se achega información e contidos materiais de toda unha serie de experiencias desenvolvidas en Galiza ademais de se recolleren algunhas que poden ser de interese para a realidade cultural galega que se desenvolveron fóra do noso territorio.
« A Asociación Galega de Profesionais de Xestión Cultural favorece a inserción laboral do estudantado da Facultade de Humanidades 3ª Quedada da AGPXC: Actualidade das convocatorias públicas de emprego en cultura. »