A AGPXC participa no obradoiro de xestión cultural dos cursos de verán da USC

conferencias e charlas Comments (0)

Compostela, 11 de xullo de 2018
A AGPXC vén de participar na segunda edición do curso de verán da USC  Cultura, participación e futuro: obradoiro de nova xestión cultural, impartido por Diego V. Meizoso, a través dunha conversa entre o presidente da asociación, Alberto García, o propio Diego e Clara Rodríguez, ambos socios de 7H Cooperativa Cultural.
A charla centrouse nas traxectorias e visións de traballo dos participantes, abordando as contornas de traballo de cada un en particular e, na perspectiva xeral, as políticas culturais en Galicia, ofrecendo aos asistentes exemplos de boas -e tamén non tan boas- prácticas. Tratouse, en definitiva, de contextualizarlle a nosa profesión a un alumnado -maioritariamente feminino, por certo- na súa meirande parte aínda estudante.
Diego, Clara e Alberto insistiron na importancia da perspectiva cidadá na cultura, dentro dun sistema de cultura como industria pero no que é fundamental pensala e desenvolvela como elemento transformador da sociedade, desde os puntos de vista educativo ou de desenvolvemento social.
Tamén houbo tempo para falar da nosa profesión desde unha perspectiva laboral e, nese sentido, debatiuse sobre como se (sobre)vive no sector, dos aspectos menos positivos do emprendemento e da alternativa da economía social.
Iso sen esquecer, como nos últimos actos nos que a asociación ten participado, falar da AGPXC e do noso Banco de Boas Prácticas.
Pin It

» conferencias e charlas » A AGPXC participa no obradoiro...
On 12/07/2018
By
, , , ,

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

«