A AGPXC no Culturgal 2016

conferencias e charlas, encontros, rede Comments (0)

Pontevedra, 02 de decembro de 2016

Hoxe foi unha tarde intensa para a AGPXC no Culturgal: asemblea, escoita de proxectos e mesa redonda sobre a nosa profesión.

A primeira actividade foi a Asemblea Ordinaria anual de socios e socias no salón de actos, na que se deu conta do realizado no último ano, asi como un adianto das liñas de traballo do 2017. En segundo lugar a AGPXC celebrou unha Xuntanza Networking no stand do Concello de Pontevedra e para rematar asistimos, na Sala VIP do Pazo da Cultura de Pontevedra,  á Mesa redonda: “A xestión cultural en Galicia: estado da profesión e perspectivas de futuro“, na que participaron profesionais asociadas de referencia en Galicia:

Grazas ao Curso de Experto Universitario en Xestión Cultural da USC, organizador desta mesa redonda, e ao Concello de Pontevedra pola súa colaboración e por contar con nós.

Pin It

» conferencias e charlas, encontros, rede » A AGPXC no Culturgal 2016
On 02/12/2016
By

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

« »